Charla-Taller sobre a crise, orixe e alternativas en Vigo

Nesta charla taller con Ricardo Zaldívar, presidente de ATTAC España, faremos unha análise conxunta, a partir de varios textos de referencia, sobre a orixe da crise, cos factores non sempre publicitados nos medios de comunicación, e afondaremos nas alternativas reais que existen para saír da mesma nun sentido social e democrático. Porque as alternativas ós recortes existen, son necesarias, e poden levarse adiante se as defendemos na rúa. Estades todos convidados a vir, esta charla terá lugar en Vigo, no Centro Cívico de Teis, entre as 18:30 e as 21:00 do vindeiro día 9 de Decembro. ¡¡Acúde e difunde!!.

Leer más »

Presentación en Santiago de Compostela de ATTAC Xustiza Económica Global España

 

 

Tendo en conta a situación que está a vivir a cidadanía, ninguén dubida da necesidade dunha sociedade civil organizada e participativa no proceso de construción social. Baixo esta perspectiva, ATTAC segue collendo forza. Por este motivo, presentaremos proximamente  “en sociedade” ATTAC XEG (xustiza económica global), a agrupación territorial de ATTAC en Galicia, reorganizada e con máis forza, para tratar de romper co pensamento único establecido. As cousas pódense facer de moitos xeitos, e o actual precisamente, está bastante lonxe do que satisface as necesidades das persoas e o coidado do Planeta.

Agradecemos a tua asistencia ao acto de presentación de ATTAC XEG GALICIA o próximo 23 de novembro as 19 horas na biblioteca pública Anxel Casal en Santiago de Compostela (ubicación http://goo.gl/Ri9RB)

Coa presenza de Ricardo Zaldivar, presidente de ATTAC España, xunto cos compañeiros de Galicia, faremos unha presentación o movemento ATTAC, análise da situación, ferramentas de traballo, exposición da labor de ATTAC en Galicia, que cabe facer cara o futuro e debate.

!Pensa global, actua local!.

 

Unha aperta da xunta directiva de ATTAC XEG.